sábado, 14 de junio de 2014

"Unha noite na eira do trigo" de Curros e Chané



Unha noite na eira do trigo
o reflexo do branco luar
unha nena choraba sin trégolas
os desdes dun ingrato galán.
Entre coitas e queixas decia,
xa no mundo non teño a ningén,
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben.

E seus ecos de melancolía
camiñaban nas alas do vento
e o lamento repetía,
vou morrer e non ven o meu ben.

Lonxe dela, de pe sobre a popa
dunha leve negreiro vapor
emigrado camiño de America
vai o pobre e infeliz Amador
e o mirar ás xentís anduriñas
cara a terra que deixa pasar,
que pudera dar volta, pensaba,
que pudera convosco voar.

Mais a aves e o buque fuxian
sin oir seus amargos lamentos
solo os ventos repetian,
que pudera convosco voar.

Noites craras de aromas e lúa
donde entón qué tristeza en pos hai
pros que viron chorar unha nena
pros que viron un varco marchar
dun amor celestial verdadeiro
quedou solo de bágoas a proba
unha coba nun outeiro
un cadavre no fondo do mar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario